Oliver Rey chegou as semifinais no nacional de Bádminton
O ourensán do club Sodim de Vigo, Oliver Rey, volveu de Lorquí (Murcia), onde se desenvolveu o Campionato de España de Bádminton, con a satisfacción de haberse superado a si mesmo e haber conseguido chegar as semifinais desta competición, tanto en individual coma en dobles.
En individual clasificouse segundo do grupo 3, e logo derrotou no cruce contra o primeiro do grupo 2 a Pablo Peredo, conseguindo chegar a semifinais, onde caiu derrotado por Rubén Perez, que ao final foi o gañador da proba.
Facendo parella de dobles con Emilio Martinez, tamén quedaron segundos de grupo, pero no cruce contra os primeiros do grupo 1 (Airan/Pineda), foron eliminados.
Moi bos resultados para un rapaz moi novo que ten un gran futuro nesta modalidade, baixo a tutela deportiva de Julio Fernandez.