F.G.D.D.F. novas

Fed. Galega Deportes Discap. Físicos

O Amfiv, a 1 punto da Willy Brinkmann (66-65)

Foi unha mágoa. O Pádova deu volta ao tanteador nos últimos segundos dun encontro que tiña gañado o equipo galego. Unha serie de adversidades en forma de faltas nos últimos segundos deron o traste a brilante marcha do Amfiv nesta competición.
O venres 25 gañaron ao equipo español Mideba por 72 a 56, e logo derrotaron ao Nevsku Alyans por 69 a 62. A cousa iba ben e o sábado tamén venceron ao cuarto integrante do grupo 2, o RSC Frankfurt por 68 a 55. Xa estábamos en semifinais. Como primeiros de grupo, tocóulles xogar contra o segundo do grupo 1, o tamén español Fundación Grupo Norte, ao que se venceu claramente por 71 a 31.
Na final os italianos non deron nunca a partido por vencido e conseguiron a victoria. Xa nos habían gañado na fase previa en Padua, pero este partido puido ser noso…
Paradóxicamente nestes campionatos o terceiro sae mais feliz co segundo, pero ser subcampión dunha competición europea é estar na élite do basket en cadeira, e xunto coa terceira praza na liga e o tercer posto na Copa do Rei, fan desta tempada a mais completa do Amfiv Vital Vigo.
Enhoraboa a todos. O ano que ben volveremos a intentalo.

Abril 28, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

O “Club del Mar”, moi ben no nacional de tenis de mesa

No Campionato Nacional de Tenis de Mesa, o galego “Club del Mar” da Coruña, obtivo uns resultados salientables.
Por equipos pé, foi terceiro, namentras que individualmente, tódolos seus integrantes obtiveron medallas nas súas categorías: Alberto Seoane quedou campión na clase 6, Guillermo Doldán foi segunda na clase 9 e Pablo Alvarez tamén foi subcampión da clase 10. Formando parella, Alberto e Pablo foron cuartos en dobles.
En cadeira de rodas participaron os clubs Adeco Dea de Noia e Grumico de A Coruña. Estes últimos participaban por vez primeira nun certame nacional.
Na reunión cos clubs, a nacional comunicou que tanto nas próximas competicións por clubes como por autonomías, os equipos deberán contar con 2-3 xogadores de pé e 2-3 xogadores en cadeira.
E de reseñar a boa marcha que leva o tenis de mesa dentro da nosa federación, con xente nova saindo da canteira de Grumico SD, que aprenden rápido tendo como referente o bo facer do Club del Mar. Enhoraboa

Abril 28, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios