F.G.D.D.F. novas

Fed. Galega Deportes Discap. Físicos

Mes grande para o AMFIV

Despois de acadar en Padua (Italia) a primeiros de Marzo o pasaporte para disputar en Tuzla (Bosnia) a fase final da Copa Willy Brinkmann, o Amfiv Vital Vigo ven de obter en Barcelona o terceiro posto da Copa do Rei.
O primeiro partido foi ante o Peraleda de Toledo, que se venceu por 68 a 57 e deu o pase á semifinal. Ahí foi donde os galegos non estiveron ao cento por cento e mais que hai que estar para derrotar ao Fundosa ONCE, que ao fin foi o campión do torneo. O arbitraxe e/ou os nervos fixeron caer aos nosos por 41 a 82. Un bo repaso. Na última etapa, o domingo, venceuse con claridade ao Mideba por 68 a 50, o que otorgoulles o terceiro posto, ben merecido. Outra xesta para anotar no curriculum deste equipo que sigue facendo historia.

¡AH! Dende aquí felicitamos á xogadora do Amfiv, Vicky Alonso, recentemente nomeada “Viguesa distinguida”. Que o disfrute. Sempre e grato que a xente do noso deporte sexa recoñecida. 

Abril 2, 2008 - Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario