Oliver Rey chegou as semifinais no nacional de Bádminton
O ourensán do club Sodim de Vigo, Oliver Rey, volveu de Lorquí (Murcia), onde se desenvolveu o Campionato de España de Bádminton, con a satisfacción de haberse superado a si mesmo e haber conseguido chegar as semifinais desta competición, tanto en individual coma en dobles.
En individual clasificouse segundo do grupo 3, e logo derrotou no cruce contra o primeiro do grupo 2 a Pablo Peredo, conseguindo chegar a semifinais, onde caiu derrotado por Rubén Perez, que ao final foi o gañador da proba.
Facendo parella de dobles con Emilio Martinez, tamén quedaron segundos de grupo, pero no cruce contra os primeiros do grupo 1 (Airan/Pineda), foron eliminados.
Moi bos resultados para un rapaz moi novo que ten un gran futuro nesta modalidade, baixo a tutela deportiva de Julio Fernandez.
O Amfiv, a 1 punto da Willy Brinkmann (66-65)
Foi unha mágoa. O Pádova deu volta ao tanteador nos últimos segundos dun encontro que tiña gañado o equipo galego. Unha serie de adversidades en forma de faltas nos últimos segundos deron o traste a brilante marcha do Amfiv nesta competición.
O venres 25 gañaron ao equipo español Mideba por 72 a 56, e logo derrotaron ao Nevsku Alyans por 69 a 62. A cousa iba ben e o sábado tamén venceron ao cuarto integrante do grupo 2, o RSC Frankfurt por 68 a 55. Xa estábamos en semifinais. Como primeiros de grupo, tocóulles xogar contra o segundo do grupo 1, o tamén español Fundación Grupo Norte, ao que se venceu claramente por 71 a 31.
Na final os italianos non deron nunca a partido por vencido e conseguiron a victoria. Xa nos habían gañado na fase previa en Padua, pero este partido puido ser noso…
Paradóxicamente nestes campionatos o terceiro sae mais feliz co segundo, pero ser subcampión dunha competición europea é estar na élite do basket en cadeira, e xunto coa terceira praza na liga e o tercer posto na Copa do Rei, fan desta tempada a mais completa do Amfiv Vital Vigo.
Enhoraboa a todos. O ano que ben volveremos a intentalo.
O “Club del Mar”, moi ben no nacional de tenis de mesa
No Campionato Nacional de Tenis de Mesa, o galego “Club del Mar” da Coruña, obtivo uns resultados salientables.
Por equipos pé, foi terceiro, namentras que individualmente, tódolos seus integrantes obtiveron medallas nas súas categorías: Alberto Seoane quedou campión na clase 6, Guillermo Doldán foi segunda na clase 9 e Pablo Alvarez tamén foi subcampión da clase 10. Formando parella, Alberto e Pablo foron cuartos en dobles.
En cadeira de rodas participaron os clubs Adeco Dea de Noia e Grumico de A Coruña. Estes últimos participaban por vez primeira nun certame nacional.
Na reunión cos clubs, a nacional comunicou que tanto nas próximas competicións por clubes como por autonomías, os equipos deberán contar con 2-3 xogadores de pé e 2-3 xogadores en cadeira.
E de reseñar a boa marcha que leva o tenis de mesa dentro da nosa federación, con xente nova saindo da canteira de Grumico SD, que aprenden rápido tendo como referente o bo facer do Club del Mar. Enhoraboa
Mes grande para o AMFIV
Despois de acadar en Padua (Italia) a primeiros de Marzo o pasaporte para disputar en Tuzla (Bosnia) a fase final da Copa Willy Brinkmann, o Amfiv Vital Vigo ven de obter en Barcelona o terceiro posto da Copa do Rei.
O primeiro partido foi ante o Peraleda de Toledo, que se venceu por 68 a 57 e deu o pase á semifinal. Ahí foi donde os galegos non estiveron ao cento por cento e mais que hai que estar para derrotar ao Fundosa ONCE, que ao fin foi o campión do torneo. O arbitraxe e/ou os nervos fixeron caer aos nosos por 41 a 82. Un bo repaso. Na última etapa, o domingo, venceuse con claridade ao Mideba por 68 a 50, o que otorgoulles o terceiro posto, ben merecido. Outra xesta para anotar no curriculum deste equipo que sigue facendo historia.
¡AH! Dende aquí felicitamos á xogadora do Amfiv, Vicky Alonso, recentemente nomeada “Viguesa distinguida”. Que o disfrute. Sempre e grato que a xente do noso deporte sexa recoñecida.