Gran xornada de tiro no Open de Arteixo
Celebrouse en Rañobre (Arteixo) outra edición da “Tirada pola integración”, organizada polo club A Roda, baixo a batuta de Jesús Lesta, coma sempre excelente anfitrión. Volvimos contar coa presenza da selección vasca, con Marciano ao fronte. Coma sempre, na competición había tiradores discapacitados xuntamente con non-discapacitados. Marcas destacadas foron os 599 de Juan Saavedra e os 593 de Manuel Brage.
Carabina Mach: Manuel Brage (ADM Ferrol) – 593
Carabina Pé: Antonio Casal (Open) – 565
Carabina Damas: Itziar Ortiz (Euskadi) – 293 (40 d.)
Carabina Tendido (SH2): Juan Saavedra (Lucero) - 599
Carabina Damas Tendido (SH2): Izaskun Romero (Euskadi) – 584
Pistola Open Hombres: Manuel Mendez – 551
1º Clasif. Pistola discap. : Oscar Sanmartín (A Roda) – 546
2º Clasif. “ “ : Juan Saavedra (Lucero) – 515
3º Clasif. “ “ : José Regos (A Roda) – 502