O Amfiv Vital Vigo, á final da Willy Brinkmann
Este fin de semana, o Amfiv volveu conseguir outro gran éxito deportivo ao clasificarse para a fase final da Copa europea “Willy Brinkmann”.
En Padua (Italia), os vigueses solo perderon un encontro dos catro xogados. Foi o primeiro, contra os da casa, por 74-51. Había que poñerse as pilas, e así foi. O sábado foi decisivo, e a victoria contra o Nacka por 76-53 xa otorgaba o pase, porque os outros dos equipos estaban fora da competición. De tódolos xeitos, tamén se gañaron (77-62 contra Vicenza e 73-57 contra KK Torcida).
Do 25 ao 27 de abril os vigueses estarán en Tuzla (Bosnia-Herzegovina) para disputar a fase final. Encontraranse no grupo B cos seus conocidos do Mideba Extremadura, o Nevsky Aliance (Rusia) e o RSC Francfort (Alemaña).
Pero antes toca a Copa do Rei, do 28 ao 30 próximo.
Aínda non hai comentarios.