Gran xornada de tiro no Open de Arteixo
Celebrouse en Rañobre (Arteixo) outra edición da “Tirada pola integración”, organizada polo club A Roda, baixo a batuta de Jesús Lesta, coma sempre excelente anfitrión. Volvimos contar coa presenza da selección vasca, con Marciano ao fronte. Coma sempre, na competición había tiradores discapacitados xuntamente con non-discapacitados. Marcas destacadas foron os 599 de Juan Saavedra e os 593 de Manuel Brage.
Carabina Mach: Manuel Brage (ADM Ferrol) – 593
Carabina Pé: Antonio Casal (Open) – 565
Carabina Damas: Itziar Ortiz (Euskadi) – 293 (40 d.)
Carabina Tendido (SH2): Juan Saavedra (Lucero) - 599
Carabina Damas Tendido (SH2): Izaskun Romero (Euskadi) – 584
Pistola Open Hombres: Manuel Mendez – 551
1º Clasif. Pistola discap. : Oscar Sanmartín (A Roda) – 546
2º Clasif. “ “ : Juan Saavedra (Lucero) – 515
3º Clasif. “ “ : José Regos (A Roda) – 502
O Amfiv Vital Vigo, á final da Willy Brinkmann
Este fin de semana, o Amfiv volveu conseguir outro gran éxito deportivo ao clasificarse para a fase final da Copa europea “Willy Brinkmann”.
En Padua (Italia), os vigueses solo perderon un encontro dos catro xogados. Foi o primeiro, contra os da casa, por 74-51. Había que poñerse as pilas, e así foi. O sábado foi decisivo, e a victoria contra o Nacka por 76-53 xa otorgaba o pase, porque os outros dos equipos estaban fora da competición. De tódolos xeitos, tamén se gañaron (77-62 contra Vicenza e 73-57 contra KK Torcida).
Do 25 ao 27 de abril os vigueses estarán en Tuzla (Bosnia-Herzegovina) para disputar a fase final. Encontraranse no grupo B cos seus conocidos do Mideba Extremadura, o Nevsky Aliance (Rusia) e o RSC Francfort (Alemaña).
Pero antes toca a Copa do Rei, do 28 ao 30 próximo.
O Barcelona frena a racha do Amfiv
Final apretado en Barcelona, que decidiu a favor dos locais a victoria fronte aos galegos do Amfiv. Uns minutos que decidiron un encontro; foi mala sorte. Os vigueses siguen terceiros da táboa.
A crónica na páxina de Amfiv: http://www.cdamfiv.com/verNoticia.aspx?id=20080302192750
A marcha das competicións de baloncesto, na nosa páxina adicada a este deporte.