5 ouros, 1 plata e 1 bronce nos Ctos. España de Natación
Os días 23 e 24 de febreiro disputouse en Barcelona o Campionato de España por autonomías de natación. Como xa nos teñen acostumados, os nadadores galegos contan suas probas por medallas. Sebastián Rodriguez (Galaico) conseguiu tres ouros nas súas probas habituais: 50 libres, 100 libres e 200 libres e gaña o pasaporte a Pekín ao obter a mínima A en 100 libres.
Pablo Cimadevila (Galaico) xa tiña a mínima en 200 estilos lograda en Mariland (EEUU) o pasado decembro, e volveu a refrender a marca nesta ocasión, donde foi ouro. Tamén foi ouro en 100 espalda, debendo contentarse coa prata en 100 braza.
Cimadevila e Chano viaxarán a Nancy (Open de Francia) o mes próximo coa selección española.
José Luis Pan (Adeco Dea) quedou terceiro (bronce) en 100 braza.
Aínda non hai comentarios.