Tenis de Mesa: trofeo “Cidade da Coruña”
Con moi boa asistencia de participantes, celebrouse este sábado o trofeo “Cidade da Coruña” organizado conxuntamente por o club Grumico SD e o Club do Mar de San Amaro, nas instalacións deste último. Os partidos disputáronse ao longo de todo o día, para disputar as tres categorías: Individual pé e cadeira, e dobles cadeira. Ao final venceron os favoritos. Alberto Seoane non tivo rival en individual pé, Alberto Novo gañou cómodo na final con Mazás tras unha dura semifinal contra Pepe Barrio en cadeira e a parella Novo-Mazas se levaron o premio en dobles cadeira.
Nesta competición mesturáronse deportistas novatos, como os de Grumico, con pouco partidos, e outros máis ben veteranos, como foron os de Aixiña Ourense, que volveron a xogar tras bastantes anos de reposo… e non o fixeron mal, xa que acadaron o tercero posto en dobles. Esperemos que isto supoña o resurxir do tenis de mesa en canto a número de licenzas.
