F.G.D.D.F. novas

Fed. Galega Deportes Discap. Físicos

5 ouros, 1 plata e 1 bronce nos Ctos. España de Natación

pablo_2.jpgOs días 23 e 24 de febreiro disputouse en Barcelona o Campionato de España por autonomías de natación. Como xa nos teñen acostumados, os nadadores galegos contan suas probas por medallas. Sebastián Rodriguez (Galaico) conseguiu tres ouros nas súas probas habituais: 50 libres, 100 libres e 200 libres e gaña o pasaporte a Pekín ao obter a mínima A en 100 libres.
Pablo Cimadevila (Galaico) xa tiña a mínima en 200 estilos lograda en Mariland (EEUU) o pasado decembro, e volveu a refrender a marca nesta ocasión, donde foi ouro. Tamén foi ouro en 100 espalda, debendo contentarse coa prata en 100 braza.
Cimadevila e Chano viaxarán a Nancy (Open de Francia) o mes próximo coa selección española.
José Luis Pan (Adeco Dea) quedou terceiro (bronce) en 100 braza.

Febreiro 27, 2008 Publicado por fgddf | General | , , , | Aínda non hai comentarios

Tenis de Mesa: trofeo “Cidade da Coruña”

Con moi boa asistencia de participantes, celebrouse este sábado o trofeo “Cidade da Coruña” organizado conxuntamente por o club Grumico SD e o Club do Mar de San Amaro, nas instalacións deste último. Os partidos disputáronse ao longo de todo o día, para disputar as tres categorías: Individual pé e cadeira, e dobles cadeira. Ao final venceron os favoritos. Alberto Seoane non tivo rival en individual pé, Alberto Novo gañou cómodo na final con Mazás tras unha dura semifinal contra Pepe Barrio en cadeira e a parella Novo-Mazas se levaron o premio en dobles cadeira.
Nesta competición mesturáronse deportistas novatos, como os de Grumico, con pouco partidos, e outros máis ben veteranos, como foron os de Aixiña Ourense, que volveron a xogar tras bastantes anos de reposo… e non o fixeron mal, xa que acadaron o tercero posto en dobles. Esperemos que isto supoña o resurxir do tenis de mesa en canto a número de licenzas.

   Foto de familia final 

Febreiro 22, 2008 Publicado por fgddf | General | , | Aínda non hai comentarios