F.G.D.D.F. novas

Fed. Galega Deportes Discap. Físicos

Oliver Rey chegou as semifinais no nacional de Bádminton

O ourensán do club Sodim de Vigo, Oliver Rey, volveu de Lorquí (Murcia), onde se desenvolveu o Campionato de España de Bádminton, con a satisfacción de haberse superado a si mesmo e haber conseguido chegar as semifinais desta competición, tanto en individual coma en dobles.
En individual clasificouse segundo do grupo 3, e logo derrotou no cruce contra o primeiro do grupo 2 a Pablo Peredo, conseguindo chegar a semifinais, onde caiu derrotado por Rubén Perez, que ao final foi o gañador da proba.
Facendo parella de dobles con Emilio Martinez, tamén quedaron segundos de grupo, pero no cruce contra os primeiros do grupo 1 (Airan/Pineda), foron eliminados.
Moi bos resultados para un rapaz moi novo que ten un gran futuro nesta modalidade, baixo a tutela deportiva de Julio Fernandez. 

Abril 29, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

O Amfiv, a 1 punto da Willy Brinkmann (66-65)

Foi unha mágoa. O Pádova deu volta ao tanteador nos últimos segundos dun encontro que tiña gañado o equipo galego. Unha serie de adversidades en forma de faltas nos últimos segundos deron o traste a brilante marcha do Amfiv nesta competición.
O venres 25 gañaron ao equipo español Mideba por 72 a 56, e logo derrotaron ao Nevsku Alyans por 69 a 62. A cousa iba ben e o sábado tamén venceron ao cuarto integrante do grupo 2, o RSC Frankfurt por 68 a 55. Xa estábamos en semifinais. Como primeiros de grupo, tocóulles xogar contra o segundo do grupo 1, o tamén español Fundación Grupo Norte, ao que se venceu claramente por 71 a 31.
Na final os italianos non deron nunca a partido por vencido e conseguiron a victoria. Xa nos habían gañado na fase previa en Padua, pero este partido puido ser noso…
Paradóxicamente nestes campionatos o terceiro sae mais feliz co segundo, pero ser subcampión dunha competición europea é estar na élite do basket en cadeira, e xunto coa terceira praza na liga e o tercer posto na Copa do Rei, fan desta tempada a mais completa do Amfiv Vital Vigo.
Enhoraboa a todos. O ano que ben volveremos a intentalo.

Abril 28, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

O “Club del Mar”, moi ben no nacional de tenis de mesa

No Campionato Nacional de Tenis de Mesa, o galego “Club del Mar” da Coruña, obtivo uns resultados salientables.
Por equipos pé, foi terceiro, namentras que individualmente, tódolos seus integrantes obtiveron medallas nas súas categorías: Alberto Seoane quedou campión na clase 6, Guillermo Doldán foi segunda na clase 9 e Pablo Alvarez tamén foi subcampión da clase 10. Formando parella, Alberto e Pablo foron cuartos en dobles.
En cadeira de rodas participaron os clubs Adeco Dea de Noia e Grumico de A Coruña. Estes últimos participaban por vez primeira nun certame nacional.
Na reunión cos clubs, a nacional comunicou que tanto nas próximas competicións por clubes como por autonomías, os equipos deberán contar con 2-3 xogadores de pé e 2-3 xogadores en cadeira.
E de reseñar a boa marcha que leva o tenis de mesa dentro da nosa federación, con xente nova saindo da canteira de Grumico SD, que aprenden rápido tendo como referente o bo facer do Club del Mar. Enhoraboa

Abril 28, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

Mes grande para o AMFIV

Despois de acadar en Padua (Italia) a primeiros de Marzo o pasaporte para disputar en Tuzla (Bosnia) a fase final da Copa Willy Brinkmann, o Amfiv Vital Vigo ven de obter en Barcelona o terceiro posto da Copa do Rei.
O primeiro partido foi ante o Peraleda de Toledo, que se venceu por 68 a 57 e deu o pase á semifinal. Ahí foi donde os galegos non estiveron ao cento por cento e mais que hai que estar para derrotar ao Fundosa ONCE, que ao fin foi o campión do torneo. O arbitraxe e/ou os nervos fixeron caer aos nosos por 41 a 82. Un bo repaso. Na última etapa, o domingo, venceuse con claridade ao Mideba por 68 a 50, o que otorgoulles o terceiro posto, ben merecido. Outra xesta para anotar no curriculum deste equipo que sigue facendo historia.

¡AH! Dende aquí felicitamos á xogadora do Amfiv, Vicky Alonso, recentemente nomeada “Viguesa distinguida”. Que o disfrute. Sempre e grato que a xente do noso deporte sexa recoñecida. 

Abril 2, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

Gran xornada de tiro no Open de Arteixo

Los participante después de la entrega de trofeosCelebrouse en Rañobre (Arteixo) outra edición da “Tirada pola integración”, organizada polo club A Roda, baixo a batuta de Jesús Lesta, coma sempre excelente anfitrión. Volvimos contar coa presenza da selección vasca, con Marciano ao fronte. Coma sempre, na competición había tiradores discapacitados xuntamente con non-discapacitados. Marcas destacadas foron os 599 de Juan Saavedra e os 593 de Manuel Brage.

Carabina Mach:  Manuel Brage (ADM Ferrol) – 593
Carabina Pé: Antonio Casal (Open) – 565
Carabina Damas: Itziar Ortiz (Euskadi) – 293 (40 d.)
Carabina Tendido  (SH2): Juan Saavedra (Lucero) - 599
Carabina Damas Tendido (SH2): Izaskun Romero (Euskadi) – 584
Pistola Open Hombres: Manuel Mendez – 551
1º Clasif. Pistola discap. : Oscar Sanmartín (A Roda) – 546
2º Clasif.     “          “        : Juan Saavedra (Lucero) – 515
3º Clasif.     “          “        : José Regos (A Roda) – 502

Marzo 15, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

O Amfiv Vital Vigo, á final da Willy Brinkmann

Este fin de semana, o Amfiv volveu conseguir outro gran éxito deportivo ao clasificarse para a fase final da Copa europea “Willy Brinkmann”.
En Padua (Italia), os vigueses solo perderon un encontro dos catro xogados. Foi o primeiro, contra os da casa, por 74-51. Había que poñerse as pilas, e así foi. O sábado foi decisivo, e a victoria contra o Nacka por 76-53 xa otorgaba o pase, porque os outros dos equipos estaban fora da competición. De tódolos xeitos, tamén se gañaron (77-62 contra Vicenza e 73-57 contra KK Torcida).
Do 25 ao 27 de abril os vigueses estarán en Tuzla (Bosnia-Herzegovina) para disputar a fase final. Encontraranse no grupo B cos seus conocidos do Mideba Extremadura, o Nevsky Aliance (Rusia) e o RSC Francfort (Alemaña).
Pero antes toca a Copa do Rei, do 28 ao 30 próximo.

Marzo 12, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

O Barcelona frena a racha do Amfiv

Final apretado en Barcelona, que decidiu a favor dos locais a victoria fronte aos galegos do Amfiv. Uns minutos que decidiron un encontro; foi mala sorte. Os vigueses siguen terceiros da táboa.

A crónica na páxina de Amfiv: http://www.cdamfiv.com/verNoticia.aspx?id=20080302192750

A marcha das competicións de baloncesto, na nosa páxina adicada a este deporte.

Marzo 3, 2008 Publicado por fgddf | General | | Aínda non hai comentarios

5 ouros, 1 plata e 1 bronce nos Ctos. España de Natación

pablo_2.jpgOs días 23 e 24 de febreiro disputouse en Barcelona o Campionato de España por autonomías de natación. Como xa nos teñen acostumados, os nadadores galegos contan suas probas por medallas. Sebastián Rodriguez (Galaico) conseguiu tres ouros nas súas probas habituais: 50 libres, 100 libres e 200 libres e gaña o pasaporte a Pekín ao obter a mínima A en 100 libres.
Pablo Cimadevila (Galaico) xa tiña a mínima en 200 estilos lograda en Mariland (EEUU) o pasado decembro, e volveu a refrender a marca nesta ocasión, donde foi ouro. Tamén foi ouro en 100 espalda, debendo contentarse coa prata en 100 braza.
Cimadevila e Chano viaxarán a Nancy (Open de Francia) o mes próximo coa selección española.
José Luis Pan (Adeco Dea) quedou terceiro (bronce) en 100 braza.

Febreiro 27, 2008 Publicado por fgddf | General | , , , | Aínda non hai comentarios

Tenis de Mesa: trofeo “Cidade da Coruña”

Con moi boa asistencia de participantes, celebrouse este sábado o trofeo “Cidade da Coruña” organizado conxuntamente por o club Grumico SD e o Club do Mar de San Amaro, nas instalacións deste último. Os partidos disputáronse ao longo de todo o día, para disputar as tres categorías: Individual pé e cadeira, e dobles cadeira. Ao final venceron os favoritos. Alberto Seoane non tivo rival en individual pé, Alberto Novo gañou cómodo na final con Mazás tras unha dura semifinal contra Pepe Barrio en cadeira e a parella Novo-Mazas se levaron o premio en dobles cadeira.
Nesta competición mesturáronse deportistas novatos, como os de Grumico, con pouco partidos, e outros máis ben veteranos, como foron os de Aixiña Ourense, que volveron a xogar tras bastantes anos de reposo… e non o fixeron mal, xa que acadaron o tercero posto en dobles. Esperemos que isto supoña o resurxir do tenis de mesa en canto a número de licenzas.

   Foto de familia final 

Febreiro 22, 2008 Publicado por fgddf | General | , | Aínda non hai comentarios